Atención mariñeir@s
No proxecto BELAS estamos a marcar raias e tiburóns na Ría de Vigo. É posible que algún dos peixes marcados acabe nas túas mans. Se isto pasa, ¿podes axudarnos?
Aquí amosamos unhas fotos de raias e tiburón marcados, e mais abaixo todos os tipos de marcas que estamos a usar.









Utilizamos varios tipo de marcas


MARCAS TIPO "T"
Pequenos tubiños de plástico, de múltiples cores. Nas raias, poñémolos nas alas. Nos tiburóns, no dorso, perto da aleta. E o tipo de marca que mais utilizamos.

MARCAS TIPO DARDO
A simple vista son parecidas as anteriores, pero ánclanse no peixe cun pequeno "dardo". Tamén de moitas cores diferentes, e ancladas no mesmo sitio que as tipo "T".


CROTALES REDONDOS
Son iguais ós que se usan na gandeiría. Principalmente para rais grandes, van na ala, a cal atravesan de arriba a abaixo.
Tódalas marcas levan o teléfono de contacto (986231930), o indicativo do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), a palabra "recompensa" e un código, que é o que nos interesa.
¿Que podo facer se pesco unha raia ou un tiburón marcado?

Anota os datos da recaptura
Data e coordenadas ou zona aproximada da recaptura
Tamaño do exemplar
Especie (podes facer unha foto)
Número da marca (soe ser de catro cifras)

Se podes, gárdanos o exemplar

Ponte en contacto con nós

Teléfono
986231930

Na confraría mais cercana
Gracias pola colaboración