top of page

¿Qué é o proxecto BELAS?

BELAS é un proxecto de investigación científica, financiado polo Axencia Estatal de Investigación, liderado polo Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo no período 2023-2026. O obxetivo desde proxecto é coñecer a distribución e o comportamento dos tiburóns e raias na Ría de Vigo.

[A túa axuda é importante, continua a ler para saber cómo podes axudar]

¿Por qué raias e tiburóns?

En realidade, a bioloxía da maioría de especies de peixes da Ría é descoñecida, así que por algún grupo hai que empezar. As raias e os tiburóns son especialmente relevantes porque moitas das especies que estudiamos en BELAS contan con algunha protección a nivel europeo (como podes ver aquí), polo que toda información é relevante. Además, raias e tiburóns son peixes de fecundidade baixa: a descendencia é pequena (apenas decenas de ovos ou crías) comparada coa da maioría de peixes óseos da ría (pintos, pescadillas, sargos, choupas...) que poñen decenas de miles de ovos cada ano. A fecundidade baixa fai que sexan especialmente vulnerables. 

Ademáis as raias e tiburóns da ría son moi interesantes pola súa diversidade de formas de vida: hai especies que viven no fondo e outras son completamente peláxicas (viven na columna de auga). Algunhas poñen ovos (as cápsulas que se soen atopar nas praias) e outras dan a luz miniaturas dos adultos completamente formados. Algunha especies son depredadoras, outras mais ben oportunísticas, e outras comen marisco... todo isto fai que xoguen un papel moi variado na rede trófica da ría. Pero en BELAS, interésanos, sobre todo, como se comportan...

​

P1010026.JPG

¿Por qué investigar o comportamento?

Coñecer como se compotan os animais é altamente relevante (ademáis de fascinante). Nos peixes, como no resto de animais (incluidos os humanos), a primeira resposta a calquera estímulo ou alteración soe ser un cambio de comportamento. Ocurre de xeito instantáneo, e moitas veces supón a diferencia entre a vida e a morte. O comportamento tamén pode cambiar a longo prazo, en resposta a variacións ambientais lentas. Estudiar o comportamento polo tanto permite entender cómo se poderán adaptar as especies a condicións futuras. Tamén é interesante entender se todos os individuos dunha mesma poboación se comportan igual, ou se cada un responde de maneira diferente. E resulta moi interesante investigar se os peixes (nesta caso raias e tiburóns) socializan como faz os humanos, e que implicacións poder ter isto. Todos estes aspectos tratámolos en BELAS. 

Dende un punto de vista práctico, o comportamento espacial (por onde se moven os peixes, cando e por qué) é fundamental para entender como se estructuran as poboacións ó longo da costa (¿as raias da Ría de Vigo son as mesmas que as da Ría de Muros?), para saber qué hábitats lle van ben a cada especie (¿as zonas de bateas, favorecen a presencia de raias?), ou para coñecer ó longo de que superficie campea cada especie (¿os individuos de ouxa pasan todo o ano na Ensenada de San Simón ou móvense por toda a ría, ou entre rías?). Sen esta información é imposible protexer hábitats adecuados ou saber o efecto da pesca, pero tamén é imposible entender o impacto destas especies no marisqueo por exemplo.

¿Qué técnicas se van a utilizar?

​

1. Cámaras remotas cebadas:

​

Trátase do uso de cámaras de video para coñecer onde están os peixes, o seu tamaño e o seu comportamento. Cada sistema leva dúas cámaras montadas nun soporte de aceiro, onde tamén se coloca una caixa con carnada para atraer ós peixes. No noso casa a carnada é sardiña machacada. O feito de levar dúas cámaras permite que o campo de visión se poida calibrar e a partir de ahí medir os peixes que aparecen na imaxen. O sistema non leva luz artificial, polo que so o estamos a usar en profundidades ata ós 30 metros.

10768-669A5200-7-58638100.png

2. Telemetría acústica submarina:

​

É un sistema que consiste en dúas componentes. Por un lado márcanse os peixes con emisores acústicos. Os emisores acústicos son pequenos dispositivos, do tamaño aproximado dunha pila convencional, que transmiten un código único para cada individuo, ademáis da profundidade a cal se atopa. Estes emisores insértanse nos peixes mediante una ciruxía abdominal. A partir de ese momento os peixes emitirán o seu código propio cada minutos ou poucos minutos, durante varios anos (ata dúas décadas). Por outro lado, instálanse no mar receptores acústicos ou hidrófonos. Estes hidrófonos colócanse en sitios estratéxicos ou de interese para a investigación e rexistraran ós peixes cada vez que pasen cerca deles (a una distancia de ata 1 km nalguns casos).

IMG_20240709_111308.jpg
transmitter sizes.jpeg
tagging_maq_edited.jpg
antena cangas.jpeg

¿Qué especies se estudian en BELAS?

BELAS pretende estudiar a distribución de tódalas especies de raias e tiburóns na Ría de Vigo mediante as cámaras submarinas, aínda que esta metodoloxía está parcialmente influenciada polo feito de que as especies teñen que sentirse atraídas pola carnada.

A telemetría acústica, sen embargo, centrase nunhas poucas especies ben coñecidas. En primeiro lugar a raia mosaico ou raia mansa (Raja undulata), una especie comercial, suxeita a cuota e vedas temporais, e relativamente frecuente en augas mais ben someras. A segunda especie é a ouxa ou chucho (Myliobatis aquila), una raia de comportamento mais peláxico-demersal, grande nadadora, e moi abundante no fondo da Ría. A terceira especie é o rañorte ou pintarroxa ou melgacho (Scyliorhinus canicula), una especie de tiburón bentónico, abundante na Ría e con interés comercial. O tiburón azul, ou quenlla (Prionace glauca), é outra especie importante do proxecto, onde nos centraremos nos individuos xuvenís que chegan a dentro das Rías nos meses de verán e inicio de outono. A última especie candidata de ser marcada é a raia de clavos ou brava (Raja clavata), raia de gran interese culinario e de amplia distribución en aguas someras e profundas. A maiores poderánse marcar esporádicamente outras especies de raias e tiburóns para obter información preliminar, como a raia eléctrica (Torpedo marmorata) ou a raia de puntos (Raja brachyura).

DSC_0009.jpg
maq kenn.jpeg
DSC_0005.jpg
medium_Luis PB Inat.jpg

A túa axuda é importante

Actualmente BELAS ten desplegadas múltiples antenas na Ría de Vigo en diferentes soportes, dende bateas, boias de navegación, pantaláns, mortos, etc… todos eles están identificados cunha pegatina ou placa metálica co teléfono do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Se atopas unha antena, por favor chámanos.

placas.jpg
logo of project belas

© 2025 Proyecto BELAS

bottom of page